3º Primaria: aula da natureza de Oira
Os alumnos de 3° de Primaria puidemos gozar dunha fantástica mañá na Aula da Natureza de Oira e visitamos o Parque Forestal da zona. Aprendemos a empregar un caderno de campo, para anotar todo o que observamos na natureza (hai que estar moi atentos!). O primeiro exemplar que estudamos foi o carballo. Agora a seguir cubrindo e investigando co noso caderno de campo!