4º Primaria: visita a Tráfico
Os alumnos de 4º de Primaria aprenderon educación viaria co programa “Convivir, compartir e respectar”. A actividade estivo organizada pola Concellería de Educación en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, coa presenza do Xefe Provincial de Tráfico, David Llorente Rey e o Concelleiro de Educación, Armando Ojea Bouzo. Tamén colaboraron no desenvolvemento desta actividade a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil do Concello de Ourense.