CERRAR
Actividad complementaria actuación

Actuación sobre manchas de Acacia dealbata.

O luns 13 de abril de 2015, entre as 08:30 h e as 14:10 h, 41 alumnos da asignatura de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO participaron na actividade complementaria ACTUACIÓN SOBRE MANCHAS DE Acacia dealbata NO PARQUE BOTÁNICO DE MONTEALEGRE. Esta actividade levouse a cabo nos terreos do Concello de Ourense, na parte sur do parque, baixo supervisión do persoal do mesmo, e foi organizada polos Seminarios de Ciencias da Natureza, Bioloxía, Física e Química e Tecnoloxía. A actividade forma parte das actividades formativas integradas no Programa de Educación Ambiental VOZ NATURA no que participa o centro, e conta coa colaboración da Concellería de Educación e da Concellería de Medio Ambiente.
Na mesma actividade, o alumnado de 4º de ESO levou a cabo unha plantación de Quercus robur (plantóns resultantes do miniviveiro de 1º de ESO) e asistiu a unha visita guiada á Exposición “Plantas Carnívoras” no invernadeiro do Parque Botánico de Montealegre.

16/04/2015

Site Login




Lost your password?

(close)