Celebración Misioneira en Infantil e Primaria
O pasado venres, 16 de outubro, os alumnos de Infantil e de Primaria estivemos facendo unha pequena oración lembrando aos nosos misioneiros e misioneiras. Deste xeito continuamos coa campaña do DOMUND que traballamos estes días no colexio.
Na igrexa tamén escoitamos a Belén, mestra de infantil, que nos falou en primeira persoa da súa experiencia, que lle permitiu coñecer a moitas persoas que viven noutros países, lonxe do noso, e que teñen necesidades que nin imaxinabamos. Así descubrimos que grazas aos misioneiros e misioneiras e á nosa colaboración económica hai moitos proxectos que poden seguir adiante nestes países: escolas, talleres, centros sanitarios…