CERRAR
Alumnos en conferencia sobre plantas exóticas

Conferencia – Plantas Exóticas Invasoras: un problema sen control.

Conferencia: 2º Bacharelato 10/03/2013

Plantas Exóticas Invasoras: un problema sen control.

Poñente:Luís González (Doutor en Bioloxía Vexetal e Profesor da Universidade de Vigo)

Os alumnos de 2º de Bacharelato tiveron a oportunidade de asistir a unha conferencia ofrecida polo profesor da Universidade de Vigo, Luís González, doutor en Bioloxía Vexetal, titulada “Plantas Exóticas Invasoras: un problema sen control”. A temática achegou aos alumnos un problema que cada vez toma maiores dimensións sobre todo na provincia ourensá con referencia ó avance da mimosa Acacia dealbata. Coñeceron tamén as bases científicas para a consideración de Especie Exótica Invasora que non sempre coinciden coas legais, así como tamén outras plantas exóticas invasoras. Esta actividade do Programa Voz Natura encamiñado a futuras actuacións para a erradicación de especies exóticas invasoras, sitúase dentro do marco territorial de actuación do citado programa no colexio: o Sendeiro Periurbán de Ourense.
Ver máis fotos.

16/04/2012

Site Login




Lost your password?

(close)