CERRAR
Conferencia cambio climático

Conferencia sobre o cambio climático

O luns 27 de abril de 2015, entre as 16:50 h e as 18:30 h, na Aula Magna do centro, o alumnado de Bacharelato (106 alumnos) participou na actividade complementaria CONFERENCIA SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO impartida por Susana Bayo, Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ourense.
Esta interesante actividade foi promovida polos Seminarios de Ciencias da Natureza, Bioloxía, Física e Química e Tecnoloxía.

(*) Susana Bayo é licenciada en Física, especialidade en Atmósfera e Medio Ambiente. É membro do Climate Reality Project de Al Gore desde 2007. En novembro de 2014 foi convidada a participar no Climate Reality Leadership Corps Training, que reuniu en Rio de Janeiro durante tres días a 750 líderes climáticos de 55 paises.

29/04/2015

Site Login




Lost your password?

(close)