Conservatorio ACORDES
Salesianos e CONSERVATORIO ACORDES (CENTRO AUTORIZADO DE MÚSICA) estableceron unha alianza de colaboración para impartir estudos musicais oficiais nas aulas de Salesianos. É una oportunidade máis para complementar a formación dos nosos alumnos e alumnas. Tamén poden cursar estes estudos musicais alumnos que non sexan de Salesianos.
INFORMACIÓN
Para calquera dúbida ou maior información pode chamar ao teléfono 604 062 384 ou enviar un e-mail a cemu.profesional.acordes@edu.xunta.gal
CURSO 2022-2023
PRAZO DE MATRICULA
As matrículas para cursar estudios neste centro poden realizarse ata o día 29 de xuño
- PROCEDEMENTO PARA MATRICULARSE:
- Para matricularte debes comunicarte previamente co Centro Autorizado de Música Acordes, chamando ao teléfono 604 062 384 ou enviando un e-mail a cemu.profesional.acordes@edu.xunta.gal onde che comunicaremos o procedemento para realizar a matrícula e outras informacións que poden ser do teu interese antes de facer dita matrícula.
Para o curso 2022/2023 impartiremos só ensinanzas de GRAO ELEMENTAL.
En xullo e agosto o centro estará pechado.
Probas de acceso ao 1º curso de grao elemental: inscribirse antes do 27 de maio e para inscribirse nos outros curso de grao elemental (2º, 3º e 4º) remata o 31 de maio.
ESPECIALIDADES INSTRUMENTAIS (GRAO ELEMENTAL)
- Clarinete
- Fagot
- Guitarra
- Guitarra eléctrica
- Óboe
- Piano
- Saxofón
- Trombón
- Trompeta
- Tuba
- Viola
- Violín
GRAO ELEMENTAL DAS ENSINANZAS DE MÚSICA
PROBAS DE ACCESO
Procedemento de inscrición:
Para inscribirte nestas probas debes comunicarte previamente có Centro Autorizado de Música Acordes, chamando ao teléfono 604 062 384 ou enviando un e-mail a cemu.profesional.acordes@edu.xunta.gal onde che comunicaremos o procedemento para realizar a inscrición, data e hora das probas e outras informacións que poden ser do teu interese antes de facer a inscrición.
- Lembramos que a idade mínima de acceso aos cursos de GRAO ELEMENTAL das ensinanzas musicais e de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.
No curso 2022/2023 impartiremos só ensinanzas de GRAO ELEMENTAL, polo que só faremos probas de acceso a dito grao.