
En Inglaterra de inmersión lingüística…
Este sábado deu comezo un novo programa de inmersión lingüística en UK para os nosos alumnos da ESO. Desta volta participan 9 alumnos do noso centro e 8 máis de Salesianos Coruña, facendo desta actividade conxunta un momento tamén de convivencia e aprendizaxe. Van ben acompañados pola nosa profesora Cris López, coordinadora do programa en Ourense.
O programa ten lugar en Southbourne e terá unha duración de 2 semanas.
Tras unha primeira noite nas nosas host families, pasamos o domingo en Oxford, coñecendo un pouco máis a historia desta cidade famosa pola súa universidade e cultura. Desexamos que sexa unha grande oportunidade para medrar e aprender.