
Festa da Lingua de Escolas Católicas
A Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) dos colexios de Escolas Católicas da provincia de Ourense organizou o día 10 de abril un acto intercentros denominado “Festa da Lingua”.
Cada ano os colexios ourensáns que formamos parte de Escolas Católicas temos un encontro para visibilizar a lingua e a cultura galegas reunindo a un bo número do noso alumnado dos cursos superiores de Educación Primaria.
E tamén queremos valorizar a lectura en galego e o autor homenaxeado cada ano no día das Letras.
Nesta edición participaron 500 escolares dos colexios Maristas, Xosefinas, Carmelitas, Franciscanas de Ourense, Franciscanas de Carballiño, Miraflores, A Purisima e Salesianos.


