CERRAR

Inmersión lingüística: Galway2020

Hoxe presentación do programa de inmersión lingüística no estranxeiro para ESO. Achégate se queres que os teus fillos disfruten dunha experiencia única de inmersión total, lingüística e cultural, en familia, participando das actividades máis emocionantes, con clases de mañá nunha escola recoñecida, acompañados por profesores do colexio e coa garantía da organización e servizos de #LanguageKingdom, unha das máis prestixiosas empresas de viaxes de estudos no estranxeiro, convidamoste esta tarde á reunión de información para o novo programa de setembro, aberto a rapazas e rapaces de 12 a 16 anos.
Desta volta, o destino elixido é Galway, na costa oeste de Irlanda, nomeada Capital Europea da Cultura 2020.
Hora da reunión: 19:00h
Lugar: Aula Magna do Colexio Salesianos Ourense.
* Se os teus fillos non estudan no noso centro, podes achegarte a informarte igualmente e atenderemos personalmente o teu caso ao final da reunión.
#somosPIPE

05/02/2020

Site Login




Lost your password?

(close)