
Miniviveiro de árbores autóctonas
A pasada semana o alumnado de 1º B de ESO levou a cabo un miniviveiro de árbores autóctonas no laboratorio de Ciencias da Natureza. Esta actividade forma parte do programa VOZ NATURA, e foi organizada e deseñada polos integrantes do Seminario de Ciencias da Natureza, Bioloxía, Física e Química. Está previsto que as plantas resultantes desta actividade teñan un protagonismo especial nas tarefas de limpeza e reforestación que o alumnado de Bacharelato levará a cabo nos vindeiros meses nalgunhas zonas invadidas por acacia dealbata en terreos próximos ó sendeiro periurbano de Ourense, obxeto de traballo do proxecto do centro no programa VOZ NATURA durante o curso 2014-2015.
