CERRAR

Noticias desde Southbourne

O grupo de alumnos que participan no curso de inmersión lingüística en Southbourne, rematou a primeira semana de clases e actividades.
A adaptación e as vivencias están a ser moi positivas e dunha grande riqueza cultural e de aprendizaxe do idioma.
Pouco a pouco imos coñecendo costumes, comidas típicas e sentíndonos coma na nosa propia casa coas nosas hosts families.
Tras as clases das mañás, tivemos visitas e actividades na cidade cercana de Bournemouth, así coma Christchurch co seu priorato medieval.
Rematamos a semana coa excursión de día completo a Portsmouth onde visitamos o barco Mary Rose, que participou na batalla contra a Armada Invencible.
#somosPIPE
#SalesianosOurense

14/09/2019

Site Login




Lost your password?

(close)