Plantas carnívoras
A Concellería de Educación do Concello de Ourense, no marco do programa Educación en Saúde Ambiental, ofertou o obradoiro Plantas Carnívoras ao alumnado de centros de Ensino Primario e ESO que o solicitaron. A primeira cita foi no CPR Plurilingüe María Auxiliadora – Salesianos o venres 23 de abril, con alumnado de 4º de Primaria. Esta actividade tiña como obxectivo espertar curiosidade e respecto polo medio natural, de xeito que o alumnado recoñecera ás plantas como seres vivos, procurando a sensibilidade e concienciación deste grupo no respecto polo medio natural, axudando a adquirir sentido de responsabilidade cara ao seu traballo. Logo de dar a coñecer o desenvolvemento destas plantas, a súa alimentación e as variedades, houbo un taller de papiroflexia para a elaboración dunha planta carnívora. Os encargados da actividade deixaron tres plantas como agasallo en cada aula.