CERRAR
Maika

X Xornadas de normalización lingüística

Os membros do EDLG José Carlos García e Maika Requejo asistiron este mércores 12 ás X Xornadas de Normalización Lingüística organizadas por Escolas Católicas en Santiago de Compostela. A temática central xirou en torno a “A muller na cultura galega” e contou con importantes personalidades de ámbitos tan diferentes coma o periodismo, a relixión, a literatura ou a empresa, destacando a presenza da escritora Fina Casalderrey, a quen se homenaxeou nestas xornadas.
Ademais estes docentes puideron asistir a un obradoiro de linguaxe administrativa e a outro sobre as pautas para a realización do Proxecto Lingüístico de Centro.

14/11/2014

Site Login




Lost your password?

(close)