CERRAR

As coidadoras de madrugadores recórdannos con agarimo

Madrugador@s e compis de biblioteca, sabemos que botades de menos ser os primeiros en chegar ao cole, os bailes conxuntos para ir espertando, esas carreiras cos patios vacios cando os maiores da ESO subiron as súas aulas, os xogos e complicidade cos compañeiros, as conversas e risas con Tamara e Almudena, as partidas ao parchis e á oca con Ana, os milleiros de debuxos que facedes con Chus, a morea de comida, pulseiras e churros que moldeades en plastilina con Isa e os días de sol que podedes saír a xogar cos balóns no campo verde (o vermello NON que a pelota pode escapar) …
Sabemos que xa levades un tempo en casa e xa tedes gana de volver a ver o cole, aos compis, os mestres, a nos… Pero queremos darvos un pouco de forza e ánimo por que cada día estamos máis preto e VOLVEREMOS MÁIS FORTES QUE NUNCA!!!
Un milleiro de bicos Almudena, Ana, Chus, Isa e Tamara.😍

30/04/2020

Site Login




Lost your password?

(close)