CERRAR

Traballamos coa aprendizaxe cooperativa formal

En 5º de Primaria, na materia de Ciencias da Natureza, levamos a cabo unha actividade de Aprendizaxe Cooperativa Formal: traballamos en grupos, con roles definidos, co obxectivo de practicar a técnica de estudo do resumo dos contidos do tema que queriamos traballar.

Despois, fixemos unha breve presentación e explicación aos compañeiros.

Con todo o traballo realizado, elaboramos os nosos apuntamentos sobre o tema dos seres vivos. Deste xeito, foi máis efectivo e sinxelo repasar os conceptos e ideas.

Ademais, cando traballamos en grupo aprendemos máis e mellor!

03/04/2024

Site Login




Lost your password?

(close)