CERRAR

Mesa vocacional en 5º-6º de EP

O alumnado de 5º e 6º de Primaria tivemos a nosa tradicional “Mesa Vocacional”, afondando, nesta ocasión, na vocación ao coidado e o servizo dos demais.

Para iso puidemos desfrutar coa charla con 3 excelentes invitadas: Lila, Salesiana Cooperadora, mestra xubilada de Primaria e exdirectora pedagóxica de Salesianos Ourense, estivo uns 20 anos no noso centro; “Bebela”, unha encomiable nai de 6 fillos e fillas, das familias de antes, e ademais, emprendedora con 55 anos, agora voluntaria en Mans Unidas; e Isabel, unha auxiliar de enfermaría e asistente a domicilio, unha desas heroínas ás que aplaudíamos tanto en tempos de pandemia. Tres testemuñas, tres historias… tres vidas coas que puidemos aprender moito.

Ademais, fixémoslles algunhas preguntas e creamos un diálogo moi enriquecedor.

Grazas polas vosas sabias ensinanzas!

05/02/2024

Site Login




Lost your password?

(close)