Ensalada do noso horto
Se hai uns dias, o alumnado de 3ºEP recollemos da horta leitugas e acelgas, hoxe toca preparar a mesa! Entre todos e todas lavamos ben todas as follas das leitugas, repartímolas entre os demais compañeiros, engadimos tomate fresco, millos e atún e desfrutamos dunha boa ensalada saudable. Que rica estaba!