
Colleitando leitugas e acelgas do horto
O alumnado de 3º de EP aproveitou o bo tempo para traballar no horto escolar “Mamá Margarita”. Nesta ocasión colleitaron leitugas e acelgas que plantáramos a mediados de febreiro. Recoller o sementado é froito do bo traballo.
Que boas leitugas e acelgas máis ben feitas! Con elas faremos unha ensalada para degustar.

















