Graduación de Bacharelato 2021
Despois de ano e medio singulares a consecuencia da pandemia, un total de 56 alumnos de 2º de Bachillerato realizaron o venres a súa esperada graduación. Tivo lugar ás 20:00 h no teatro do colexio, con limitación de aforo e en presencia dunha representación do profesorado e das familias dos protagonistas. Os alumnos, vestidos de gala e con máscara para a ocasión, realizaron unha solemne entrada ao son do Gaudeamos igitur, co auditorio posto en pé. Despois están interviron o director, a xefa de estudos, representante da ANPA e os propios alumnos, que foron escoitados con moita atención, provocando momentos moi emotivos. Rematada a súa intervención entregaron un ramo de flores ao profesor que escolleron como seu mentor, o profesor de Filosofía D. Mariano Castaño, que finou repentinamente ao comenzo do curso. O momento central chegou coa colocación das bandas e da insignia colexial a cada un, seguida dunha foto lembranza coa súa titora correspondente. O ANPA entregou un agasallo a cada alumno como recordo da súa graduación. Como novidade cabe destacar a doble graduación que acadou un grupo de alumnas que compoñen a segunda promoción que remata en paralelo o bacharelato americano, do que Salesianos é pioneiro en Ourense.
Remata o acto coa proxección dunha memoria audiovisual dos 15 anos no colexio seguida con moito interese. A festa continuou no patio coas fotos de recordo cos familiares e amigos.