CERRAR
Actividades ESO 01

Motivación cara á ESO

Durante a tarde do xoves día 11, as clases de 6º EP tivemos ocasión de comezar a coñecer a etapa da ESO, da que formaremos parte no vindeiro curso. O comezo dunha nova etapa supón certos cambios, como por exemplo os horarios, os profesores, as materias, algúns compañeiros… Todos estes cambios axudarán a seguir medrando. Durante esta tarde acudimos á zona de ESO do noso colexio onde vimos un vídeo con actividades que se realizan en ESO. Ademais uns profesores faláronnos de como é o ritmo e dalgunas das novidades que nos atoparemos, así como tamén visitamos parte das instalacións: as aulas, os laboratorios, o museos de ciencias…
Toca rematar este curso e xa estamos listos para o paso!
Actividades ESO 02

16/02/2016

Site Login




Lost your password?

(close)