CERRAR
Presentacións dos Grupos do Itinerario 01

Presentación Saltimbanquis e Andaina

Os días 24 e 25 de setembro deste novo curso, tivemos as presentacións dos Grupos do Itinerario de Saltimbanquis e Andaina no noso colexio. Os cursos de 1º, 2º e 3º, que son a idade de Saltimbanquis, gozaron dunha mañá chea de xogos, cancións e moitas actividades que os animadores do grupo fixeron con eles.

Os cursos de 4º, 5º e 6º, idade de Andaina, tamén tiveron a súa mañá de xogos, vídeos e cancións. Os animadores de Andaina explicaron nas clases, a través dun vídeo, a chea de actividades que durante o ano realizan nas fins de semana.

Aquí vos deixo algunhas fotiños.

Presentacións dos Grupos do Itinerario 02

02/10/2015

Site Login




Lost your password?

(close)