CERRAR

Roteiro didáctico ambiental (1º Bacharelato)

Un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato realizou un roteiro didáctico ambiental interdisciplinar (Bioloxía,Xeoloxía, Cultura Científica e Educación Física) desde Quintela a Outariz. Os obxectivos foron: recuperar sensacións en contacto coa natureza (logo destes difíciles meses marcados pola covid19), realizar unha andaina saudable pola natureza e achegarnos á parte máis setentrional do concello, nunha aproximación a bosques caducifolios, mediterráneos e de ribeira.

Tamén estivo presente a xeoloxía do entorno, contando con Eduardo José González Clavijo, xeólogo, como guía para profundizar nestes contidos. O roteiro artellouse en 10 paradas de interpretación, sobre as que o profesorado deseñou a unidade didáctica. O alumnado dispuxo dunha clave dicotómica para o recoñecemento de árbores comúns, dun ipad para ampliar información durante toda a xornada e da aplicación Google Lens para identificar as distintas especies. Atoparon e fotografiaron cogumelos e varias pegadas de porco bravo, Sus scrofa.

En Outariz rematou a actividade coa foto do grupo. Unha interesante clase fóra dos muros, distendida e saudable, disfrutando do bo tempo e de boas panorámicas, aprendendo moitas cousas novas sobre o terreo.

 

26/11/2020

Site Login




Lost your password?

(close)