CERRAR

3º ESO peregrina a Santiago

Un grupo 55 alumnos de 3º da ESO de Salesianos realizaron as súas convivencias cristiás peregrinando polo Camiño de Santiago. Comezaron recibindo a bendición do peregrino na igrexa parroquial de María Auxiliadora. Despois, xunto ao grupo escultórico de San Xoán Bosco, realizaron unha foto lembranza e a continuación iniciaron o camiño cruzando a ponte romana. Ademais de camiñar tamén tiveron momentos para realizar actividades de reflexión para integrar na vida esta experiencia. En Santiago xuntáronse co alumnado dos colexios salesianos de A Coruña e Cambados. O camiño é unha experiencia vital na que se experimentan valores e virtudes como a atención aos demais, o servizo, o esforzo, o descubrimento da natureza, o valor do grupo, descubrir o necesario e innecesario na vida, descubrir a necesidade dos outros, etc. Isto supón un complemento importante ao que se aprende nas aulas.

27/09/2022

Site Login




Lost your password?

(close)