CERRAR

Premio Eclipsou

Salesianos Ourense resultou premiado dentro do programa Polos Eclipsados da Consellería de Educación. O noso proxecto Eclipsou foi recoñecido pola súa proposta innovadora, integrando numerosas actividades STEM a través da metodoloxía maker e da robótica.

Ao longo desta experiencia participaron alumnos e alumnas de distintas etapas educativas, traballando de maneira colaborativa e demostrando que aprender xuntos é a mellor forma de medrar. Os nosas alumnas de 4º da ESO tiveron a oportunidade de presentar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o proxecto diante doutros centros educativos e mesmo do Conselleiro de Educación, recollendo ademais o merecido premio en representación de todo o alumnado e profesorado que fixo posible este logro.

Parabéns a todas as persoas implicadas polo esforzo, a creatividade e o gran traballo realizado. Seguimos apostando pola innovación, a ciencia e a aprendizaxe compartida.

09/06/2026

Site Login




Lost your password?

(close)