CERRAR

1º de Primaria, a Fervenzaventura…

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria de Salesianos Ourense cambiamos por un día, as aulas pola natureza máis viva. E vaia día pasamos! Convertémonos en auténticos exploradores e exploradoras e non paramos de aprender e disfrutar: coñecemos de preto aos animais de Fervenzaventura, aprendendo a coidalos e respectalos. Descubrimos o fascinante proceso da lá, dende que se esquila á ovella ata que se transforma en fío. Tocala foi o mellor! Puxémonos a lupa de investigadores para descubrir e identificar pegadas de diferentes animais no entorno. Gozamos dun gran día xuntos e no medio da natureza.

03/06/2026

Site Login




Lost your password?

(close)