CERRAR

Contacontos con… Tragalibros

Os membros do Club de Lectura Tragalibros do colexio Salesianos levaron a cabo unha emotiva sesión de contacontos protagonizada por eles mesmos diante dos compañeiros de 1º e 2º de Primaria. A actividade enmárcase na Quincena da Lingua promovida polo EDLG de Salesianos. Neste caso os destinatarios foron os cativos de Primaria, que gozaron dunha agradable experiencia de animación á lectura. O repertorio de contos foi interpretado por varias parellas de “tragalibros”, que conseguiron manter a atención e o interese dos pequenos. Detrás desta actividade hai tamén un importante traballo previo, xa que os participantes estiveron ensaiando durante varias semanas para preparar as súas intervencións con coidado e dedicación.

Esta iniciativa de animación á lectura pretende  un  achegamento aos libros dun xeito dinámico e atractivo, facendo da lectura unha experiencia compartida. Ao mesmo tempo, constitúe un bo exemplo de  aprendizaxe-servizo, na que o alumnado protagonista aprende e desenvolve habilidades  de expresión oral, responsabilidade e traballo en equipo. Ademais pon esa aprendizaxe ao servizo dos demais, ofrecendo un servizo á comunidade educativa.

20/03/2026

Site Login




Lost your password?

(close)