CERRAR

Encontro con… Uxía Morán

En Salesianos estase a celebrar a Quincena da Lingua, unha iniciativa do EDLG que pretende fomentar o uso do galego entre o alumnado a través de diferentes actividades lúdicas e culturais. Ao longo destas xornadas organízanse propostas  para animar a falar e vivir o galego no día a día: exposicións de xogos en galego, música, concurso de fotografía, a publicación dun marcapáxinas e outras iniciativas. Dentro desta programación especial, cómpre destacar a visita da actriz ourensá e contacontos Uxía Morán, que compartiu a súa experiencia persoal e profesional vinculada ao uso e á promoción da lingua galega. Durante o encontro, Uxía soubo conectar de inmediato co público, relatando vivencias e reflexións sobre a importancia de manter viva a lingua propia. Ademais, fixo gala da súa habilidade como contacontos, ofrecendo unha sesión chea de emocións. A través das historias e dos seus personaxes, logrou transmitir sentimentos e crear un ambiente de complicidade co público, demostrando como a narración oral pode ser unha boa ferramenta para achegar a lingua e a literatura ás novas xeracións. Como peche da actividade, o director fíxolle entrega dun lote de contos en galego como agradecemento pola súa visita e pola súa contribución á promoción da lingua. Un pequeno agasallo simbólico para que poida seguir desfrutando e transmitindo, a nenos e maiores, o gusto polo galego con fermosos contos.

10/03/2026

Site Login




Lost your password?

(close)