
Grazas, Alejandro
Estes días despídese da nosa aula de especial Alejandro, que estivo no noso cole desde Educación Infantil ata 4º da ESO.
Faino co derradeiro obradoiro de “Cociña cun toque especial”, preparando unha deliciosa degustación para toda a comunidade educativa.
Este proxecto lévase desenvolvendo en Salesianos desde hai 5 anos e moi pronto verá a luz a primeira edición dun libro receitario, escrito polos propios alumnos e alumnas da aula.
