
Convivencias cristiás 4º-5º-6º Primaria
Na última semana do trimestre vivimos unhas xornadas moi especiais de convivencias cristiás no colexio para os cursos de 4º, 5º e 6º de EP. Comezamos coas proxeccións dunhas películas que nos convidou a reflexionar, seguidas dun traballo persoal e en grupo para profundizar na súa mensaxe.
Á hora de comer, gozamos dunha andaina ata a praia fluvial de Oira, un momento perfecto para convivir e conectar e, tamén, sumámonos ao xesto solidario da Operación Bocata Solidario, compartindo e tomando conciencia de quen máis o necesitan. Finalizamos o día na igrexa coa celebración.
















