Polos eclipsados
O programa «Polos Eclipsados» da Xunta de Galicia é unha iniciativa educativa impulsada a través da rede de Polos Creativos para preparar e divulgar a observación da eclipse solar. Os centros escolares galegos que participan neste proxecto, deseñado en torno ao fenómeno astronómico, desenvolven actividades que permiten aos estudantes obter o certificado de «guía da eclipse» e resolver retos STEM sobre astronomía e exploración espacial. Salesianos participa realizando Retos STEM coa actividade ECLIPSOU, deseñeada e coordinada por alumnado de 4º ESO, na que participa alumnado de todas as etapas, realizando pequenos retos e empregando material da dotación de POLOS CREATIVOS. O material desenvolvido e realizado é o seguinte:

