Polos Creativos
Os Polos creativos están organizados didacticamente para fomentar:
- a creatividade a través da superación de retos,
- a consecución de proxectos,
- a resolución de problemas,
- a realización de prototipos,
- a construción de resultados tanxibles, etc.
Parten dunha visión ampla integrando o cooñecemento en retos tecnolóxicos e dixitais en todos os campos do saber (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc.), desde a aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria, baseada en actividades de experimentación e investigación.
Funcionan como nó de actividades variadas (IA, tecnoloxías intensivas, impresión 3D, microcontrol, IoT, robótica, … ) fomentando o pensamento de diseño, o prototipado, a resolución de problemas e o desenvolvemento de competencias clave.
Os Polos Creativos desenvólvense na aula Espazo Salesmaker, dotada dun equipamento especializado proporcionado pola Xunta de Galicia e máis outro material propio do centro. Esta aula foi deseñada especificamente, cun criterio modular e innovador. Promove a aprendizaxe activa e manipulativa, a aprendizaxe baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais.
Este espazo alberga actividades de tipo obradoiro tanto para o profesorado como para o alumnado, desde unha óptica de aprendizaxe conxunta e comunitaria. Así mesmo, permite desenvolver proxectos mediante a experimentación, o prototipado e a construción. Asemade pode albergar prácticas de investigación e proxectos baseados na abordaxe de problemas reais que inclúan a innovación e fabricación a pequena escala.

