CERRAR

Estivemos na Olimpiada TELECO en Vigo

Un grupo de 19 alumnos de 1º e 4º da ESO participaron na IV Olimpiada de Teleco en Vigo, presentando 4 proxectos tecnolóxicos. A proba tiña como obxectivo desenvolver propostas aliñadas cos OD e coa Axenda 2030, e os nosos rapaces defenderon os seus proxectos de forma brillante ante o xurado . Foi, sen dúbida, un gran desafío que lles permitiu aprender, compartir experiencias con outros centros de toda Galicia e medrar como equipo. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man como traballan os investigadores nos laboratorios da facultade, descubrindo o funcionamento das antenas de comunicación. Parabéns polo voso traballo e por esta experiencia tan enriquecedora!

24/04/2026

Site Login




Lost your password?

(close)