4º Primaria: percorrido pola ribeira do Miño
O alumnado de 4º de Educación Primaria en colaboración coa Aula da Natureza de Oira realizamos un percorrido pola ribeira do Miño coñecendo a súa flora e fauna. Coa axuda duns prismáticos observamos as distintas aves que habitan ao lado do río. Vimos e oímos parrulos, pitas de auga, merlos rieiros, andarríos, merlos, lavandeiras,… Tamén aprendemos a distinguir algunhas plantas e árbores do ecosistema fluvial, coma salgueiros, amieiros, bidueiros, chopos,… Levamos moitos apuntes no noso caderno de campo e aprendemos a importancia de coidar e non contaminar os nosos ríos.