Camiño de Santiago
O alumnado de 4º de ESO e 2º Bachallerato realizou o Camino de Santiago. Primeiramente foron 45 alumnos e alumnas de 4º de ESO, entre os días 28 de setembro e 1 de outubro, seguindo a Rota da Prata (Rota Mozárabe).
É o vixésimo cuarto ano que Salesianos leva a cabo esta experiencia, que comeza coa bendición do peregrino na igrexa de María Auxiliadora e a foto no monumento a Don Bosco, diante do colexio.
Posteriormente, o 4 e 5 de outubro, 50 alumnos e alumnas de 2º Bacharelato de Salesianos de Ourense e A Coruña, percorreron xuntos os últimos 25 quilómetros do Camiño francés a Santiago, desde A Salceda-O Pino.
Esta experiencia desenvólvese dentro das actividades que Salesianos organiza para ofrecer aos seus alumnos e alumnas a oportunidade de vivir unha experiencia cristiá, como complemento ao aprendizaxe teórico que se realiza no centro educativo. É unha aprendizaxe experimental dos valores e virtudes do camiño, como a atención aos demais, o servizo, o esforzo, o descubrimento da natureza, o valor do grupo, decatarse do necesario e innecesario que necesitamos para camiñar pola vida, descubrir a necesidade dos outros, o importante que é ter metas na vida. No fondo, como peregrinos que facemos esta experiencia, é experimentar a vida como camiño.
Ademais de diferentes dinámicas de grupo de coñecemento e reflexión, os asistentes realizaron os tradicionais actos do peregrino en Compostela (entrada pola porta santa, oración diante do apóstolo e visita á catedral, celebración do perdón e eucaristía do peregrino ás 12:00h.).
Unha experiencia única e inesquecible.