CERRAR

Celebramos o día de Rosalía

Hoxe conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. A primeira hora proxectouse nas aulas un video realizado polo club Tragalibros do centro.

A media mañá realizouse un acto colexial no patio, presidido por un maniquí de Rosalía. O alumnado de Educación Infantil acompañado por distintas aulas de Secundaria deu a coñecer un maio de Rosalía de Castro realizado pola ocasión. Houbo unha sinxela ofrenda floral, realizada con margaridas en cartolina onde se deu a coñecer a vida e obra de Rosalía. Tamén se recitou algún poema de Rosalía polo alumnado maior.

Por último, sumándonos á iniciativa de Escolas Católicas de Galicia e á Fundación Rosalía de Castro, o comedor escolar de Salesianos incluiu caldo galego no menú deste día. Durante a comida se recitou o poema de Rosalía “Caldo de Gloria”, incluído en Follas Novas.

 

23/02/2022

Site Login




Lost your password?

(close)