Conmemoración do día de Rosalía
O colexio Salesianos celebrou a conmemoración do “Día escolar de Rosalía de Castro” polo aniversario do seu nacemento.
No comedor escolar o menú contemplaba caldo galego, e durante o seu consumo varios alumnos leron o poema “Caldo de Gloria” que Rosalía incluíu en Follas Novas.
Por outra banda, nas portas do colexio soaron versións musicadas de poemas rosalianos dirixidos á cidadanía que pasaba polo entorno da praza Don Bosco e da Ponte Vella. Neste acto varios delegados de normalización de cada aula recitaron algúns poemas da autora. Rematou o acto dedicándolle a Rosalía o poema «Verbas de espranza para Rosalía», do escritor ourensán Carlos Casares, na versión musicada por Xardín Desordenado. No mesmo acto tamén se homenaxeou a Carrabouxo, o persoaxe creado por Xosé Lois González Vázquez, que desde hai 40 anos aparece na viñeta humorística de La Región.
Nas clases de galego tamén se traballou a conmemoración, como por exemplo en 3º de ESO, que fixeron un xogo de escape en liña e traballaron con música de fondo con poemas rosalianos.
Ao día seguinte, Salesianos participou xunto a outros centros da cidade nun acto organizado por Escolas Católicas de Galicia, no que distintos representantes dos centros leron varios poemas no salón de plenos do Concello de Ourense.