Día Internacional da Lingua materna
O alumnado de 3º ESO B celebrou o Día Internacional da Lingua Materna (21 de febreiro) co alumnado de 4º ESO do Institut Salvador Vilaseca (Reus) compartindo palabras en galego e catalán a través dun encontro telemático vía Meet.
Rematamos coa lectura de «Negra sombra» de Rosalía. Nós celebrando o Día de Rosalía, eles escoitando en galego un dos poemas estudados nas clases de Literatura castelá.