
En que traballan nosos pais?
O alumnado de 1º e 2º de Primaria descubriu algunhas das profesións dos pais e nais dos seus compañeiros e compañeiras de 2º. Jesús contou a súa vocación como abogado e como a vida o foi dirixindo ata a súa profesión como profesor de Historia.
Ángela presentounos o mundo da FP e o seu traballo como profesora de Tecnoloxía dos alimentos.
Patricia, optometrista, ensinounos diferentes máquinas coas que valorar a saúde dos ollos e como se fabrican unhas gafas.
Diego descubriunos o mundo das empresas e como teñen que cumprir as normas sociais; xunto con Cristina realizamos diferentes dinámicas sobre os alimentos, a reciclaxe e a igualdade.
Unha tarde moi interesante onde nenos e papis aprendemos xuntos sobre o futuro.






