CERRAR

Excursión despedida de 6º Primaria

O alumnado de 6º de Primaria puidemos gozar dunha fantástica excursión de 3 días a Cambados e arredores.

O mércores 14 de xuño fixemos parada en Monteferro, Nigrán, para practicar escalada, slackline e realizar unha carreira de orientación cos monitores de Ayuko.

O xoves viaxamos en barco ata a illa de Sálvora onde demos un paseo e visitamos o Pazo da illa, que albergaba antigamente a fábrica de salgadura. Pola tarde fixemos unha busca do tesouro na illa de Arousa, coa empresa Piragüilla. Ademais, pola noite, tivemos unha velada moi divertida e emotiva, con música e chocolatada.

Cos folgos que nos quedaban, o venres subimos ata o miradoiro de Siradella, en O Grove, dende onde puidemos desfrutar dunhas vistas espectaculares, e visitamos o Centro de Interpretación; tamén nos desprazamos ata a illa de A Toxa onde paseando chegamos ata a Aldea dos Grobits e a Ermida de Caralampio.

Agradecemos a acollida que tivemos no colexio A Mercé, de Salesianos Cambados, onde nos aloxamos.

O tempo acompañou e o ambiente foi inmellorable. Unha gran maneira de finalizar o noso marabilloso camiño por Primaria. Ata sempre!

18/06/2023

Site Login




Lost your password?

(close)