
Excursión fin de curso de 3º Primaria a Marcelle
O luns 19 o alumnado de 3º de Primaria disfrutou dunha estupenda excursión ó “Parque Zoolóxico de Marcelle”, con visita guiada.
Hai variedade de animais e o entorno natural é precioso. Algúns dos animais proceden de centros de recuperación de especies. Chamounos a atención as figuras de madeira que adornan o entorno. Damos as grazas os monitores que nos acompañaron pola súa atención. ¡Pasamos un día moi divertido!









