Letras Galegas 2023
O 16 de maio realizamos o xesto escolar do Día das Letras Galegas, que congregou no ximnasio a preto de 1200 persoas entre alumnado e profesorado. Este ano está dedicado ao poeta Francisco Fernández del Riego, un dos grandes impulsores da lingua GALEGA durante o século XX.
A destacar a participación de Manoli Maseda, coordinadora provincial dos EDLG, que dirixíu unha motivación a todos os asistentes. O traballo realizado nas aulas foi exposto graficamente en presentacións de cartolinas facendo referencia a vida e aportación do homenaxeado, ou ben en forma de lemas, segundo correspondese. Os maiores desexaron «mil primaveras máis ao galego» mentres depositaban unha flor na bandeira galega. O acto rematou co himno galego interpretado polo alumnado de 6º de Primaria.