CERRAR

Operación Quilo 2024: balance

Amencer informa dos resultados da Operación Quilo que se levou a cabo antes de Nadal. Tamén  agradece a todas as familias, alumnado, profesorado e voluntariado a súa aportación material ou persoal, imprescindibles para chegar ao maior número de familias con necesidade.

  • 8.159 quilos de alimentos
  • 9.809 € invertidos en alimentación
  • 4.200 quilos de xoguetes
  • 6.200 quilos de roupa
  • 16 Cáritas parroquiais e 3 entidades sociais recibiron o reparto
  • 920 familias atendidas, formadas por 2.101 persoas
  • 3 meses de campaña
  • 202 comercios colaboraron
  • 80 mozos/as repartiron petos neles
  • 74 puntos de recollida con 83 caixas
  • 21 supermercados e 22 carriños para recoller comida, desde o 25 de novembro os do Grupo Cuevas –Aquí e Plenus- e dende o 1 de decembro os Gadis
  • 12 eventos deportivos
  • 2 recollidas intensivas en supers
  • 3 sorteos en 3 comercios da cidade
  • 4 actividades escolares solidarias
  • 3 recollidas en 3 centros educativos
  • 43 representantes de 32 entidades ourensás que participaron en peso por quilos; 2 básculas viaxeiras e 20 empresas do ramo da alimentación
  • 321 mozos e mozas e 865 adultos en total participaron directamente na Operación Quilo, dende mediados de novembro ate finais de decembro

07/01/2025

Site Login




Lost your password?

(close)