CERRAR

Recoñecemento dos Árbitros de fútbol ao Bosco

A Asociación Deportiva Bosco Salesianos recibíu do Comité Técnico de Árbitros de Fútbol da Real Federación Galega de Fútbol unha distinción “en recoñecemento pola súa deportividade e colaboración cos árbitros no desenvolvemento do seu labor”. Recolleu a distinción Tomás Rodríguez, Coordinador deportivo da sección de fútbol do club. O acto tivo lugar no salón de actos do Centro Cultural «Marcos Valcárcel» da Deputación de Ourense, no marco dunhas xornadas conmemorativas do centenario do CTGAF, á que asistiu o exárbitro de 1ª división Alberto Undiano Mallenco, considerado un dos mellores árbitros da historia do fútbol de España. Salesianos e Bosco felicitan a este comité polos 100 anos de arbitraxe galega e agradecen o detalle.

 

 

31/05/2022

Site Login




Lost your password?

(close)