CERRAR

UN PASO MÁIS PRETO DE ESO

O alumnado de 6º de Primaria achegámonos ao edificio de Secundaria para coñecer un pouco sobre a que será a nosa próxima etapa: a ESO. A Xefa de Estudos, Marta, e a Orientadora do Centro, Berta, así como o mestre Iván V., guiaron unha charla explicativa na que nos presentaron os principais cambios e adaptacións que faremos no próximo curso.

Ademais, unha representación do alumnado axudounos a resolver as nosas dúbidas máis inmediatas. Despois, recorremos algunhas aulas e instalacións por medio dunha xincana, coa que coñecemos tamén algúns mestres desta etapa educativa.

Moi ledos e ledas de poder achegarnos ao noso futuro, que afrontaremos sen medo e con ilusión como unha etapa máis nas nosas vidas.

07/03/2025

Site Login




Lost your password?

(close)