CERRAR

Visitando a base do helicóptero de emerxencias

Os nenos de 2º de Primaria puideron disfrutar dentro da campaña vocacional dunha saída para coñecer os diversos traballos da rama sanitaria que nos prestan a súa axuda cando temos algún accidente ou problema de saúde.

Ao longo da mañá vimos o helicóptero de emerxencias sanitarias do 061 e a ambulancia SVA (soporte vital avanzado) e coñecer así o seu funcionamento, o persoal que traballa nel, materiais que son necesarios para o seu traballo,…

Foi unha visita moi divertida, da que aprendemos grandes cousas.

24/02/2023

Site Login




Lost your password?

(close)