VOANDO POLOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS
O día 20 de novembro, con motivo da conmemoración da Convención sobre os Dereitos dos Nenos e das Nenas, o alumnado de 1º ESO levou a cabo un acto simbólico nos patios do colexio, coa finalidade de reflexionar e dar visibilidade aos principios fundamentais da declaración dos dereitos da infancia.
O tema dos dereitos e deberes dos nenos e nenas foi traballado nas aulas ao longo das últimas semanas. Con este acto simbólico, queremos destacar a relevancia desta data para o alumnado e fomentar unha maior concienciación sobre os seus dereitos.
Os avións foron realizados en papel por eles mesmos e estaban decorados con diferentes cores. Cada un deles portaba unha reflexión persoal sobre os dereitos da infancia ou un dereito específico abordado previamente nas aulas.
Deste xeito o alumnado de Salesianos quere que “os dereitos teñan ás”. Este xesto sinxelo, pero cargado de simbolismo, busca chamar a atención sobre a importancia de coñecer, respectar e promover os dereitos dos nenos e das nenas. Un acto cheo de cor, significado e esperanza.