Visita aos museos de A Coruña
O 24 de febreiro o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria de Salesianos gozou dun fantástico día de excursión e convivencia na súa visita á cidade de A Coruña.
Os de 4º aprenderon moito sobre o mundo mariño coa visita ao Acuario, e tamén desfrutaron de fermosas vistas desde o máis alto da Torre de Hércules.
En 5º visitaron a Casa das Ciencias, realizando moitas experiencias, vindo unha xenial proxección no planetario sobre as constelacións e pola tarde aprenderon parte da historia de A Coruña no castelo de San Antón.
Pola súa banda, o alumnado de 6º visitaran o museo do home, á Domus, onde atoparon moitas cousas interesantes sobre o ser humano, e pola tarde alucinaron coa visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.
Ademais pudieron compartir todos xuntos os momentos de xantar e merenda no Parque da Torre de Hércules.