CERRAR

4º Primaria visita A Coruña

Os alumnos de 4º de EP estivemos na fermosa cidade da Coruña. Alí visitamos o Aquarium Finisterrae, onde puidemos ver as diferentes especies de peixes. Tamén vimos cómo lle daban de comer ás focas e visitamos a Sala Nautilus onde viven os tiburóns, rodaballos, besugos…

Á hora do xantar subimos ao Monte de San Pedro e gozamos dunhas vistas fermosas da costa e para rematar, fixemos unha andaina dende o monte por todo o paseo marítimo ata a Torre de Hércules.

Un bonito día para aprender e desfrutar cos nosos compañeiros!

03/02/2023

Site Login




Lost your password?

(close)