6º EP visita A Coruña
Qué estupendo día de excursión tivemos! Os alumnos de 6° de Primaria visitamos a Domus (Casa do Home) e o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Puidemos pór en práctica algúns contidos que traballamos na clase e tamén adquirimos novos coñecementos. Ademais, desfrutamos do sol na cidade herculina cos nosos compañeiros de 4°, comendo no Monte de San Pedro e merendando no parque da Torre de Hércules. Foi un día moi ben aproveitado!